Blogia
hispanitas

XORNADA TÉCNICA SOBRE A TOPONIMIA EN GALICIA

XORNADA TÉCNICA SOBRE A TOPONIMIA EN GALICIA 20 de abril de 2005
Hostal dos Reis Católicos
Santiago de Compostela

--------------------------------------------------------------------------------

A toponimia, ciencia que estuda os nomes de lugar e asemade o conxunto deses nomes, ten en Galicia un recoñecemento legal importante. A nosa Lei de normalización lingüística determina que "os topónimos terán como única forma oficial a galega". Isto supuxo un traballo intenso da parte da Comisión de Toponimia, que elaborou os ditames do Nomenclátor de Galicia, publicación que recolle a toponimia oficial das entidades de poboación.

Por outra banda, Galicia posúe un riquísimo patrimonio microtoponímico con grave risco de perderse, por mor dos profundos cambios nos modos de vida e de asentamento da poboación. E ao mesmo tempo, moitos organismos que se ocupan da cartografía e do desenvolvemento do territorio, teñen nese patrimonio unha referencia inescusable para a elaboración dos seus materiais.

A conxunción desas dúas realidades levou a Xunta de Galicia a pór en marcha o Proxecto Toponimia de Galicia, mediante o cal se logrará a recuperación, catalogación e depuración da microtoponimia. Deste xeito, conseguirase, a un tempo, salvar ese patrimonio inmaterial e ofrecerlles aos responsables da cartografía unha toponimia acomodada ás formas históricas e propias do galego.

O obxectivo desta xornada é, por tanto, reunir a todas aquelas persoas que, desde vertentes diversas, teñen na toponimia unha base dos seus traballos, e deseñar estratexias para acadar as dúas finalidades sinaladas.

A xornada inclúe unha EXPOSICIÓN DE TRABALLOS.
PROMOVEN

Consellería da Presidencia, Relacións Institucións e Administración Pública
Comisión de Toponimia

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Dirección Xeral de Política Lingüística

Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural
Dirección Xeral de Planificación e Desenvolvemento Comarcal

MÁIS INFORMACIÓN

0 comentarios